O Concello de Xinzo promove encontros para practicar inglés

O Concello de Xinzo promove encontros para practicar inglés

A actividade está pensada para persoas maiores de 16 anos cun mínimo de coñecementos en lingua inglesa.

A Casa da Cultura de Xinzo acollerá encontros para conversar en inglés no formato Speaking Corner. A iniciativa parte da Concellería de Participación Cidadá, Mocidade e Festas con Ricardo Sieiro á cabeza. O que se pretende, xunto co clube de lectura, é “fomentar a participación cidadá en actividades que enriquecen, culturizan e aportan valor”.

O funcionamento das sesións de Speaking Corner basease na conversa en lingua inglesa entre as diferentes persoas participantes, tratando temas diversos dentro dun contexto ameno e divertido, independentemente do nivel de inglés de cada usuario. O obxectivo é doble: por unha banda a creación de novos lazos froito da convivencia entre participantes, e por outra, a práctica e mellora da nosa expresión en lingua inglesa a través dunha actividade completamente gratuíta.

O primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores día 06 de marzo, ás 19:00 horas na aula CEMIT da Casa da Cultura.