Mañá comezan as actividades do 8M

Mañá comezan as actividades do 8M

 Estas actividades conmemorativas do día da Muller estenderanse ao longo do mes de marzo.

A Concelleria de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, xunto co CIM de Xinzo, dentro da conmemoración do Día Internacional da Muller, e co obxectivo de sensibilizar sobre a igualdade de xénero e de dar visibilidade ás mulleres en ámbitos tradicionalmente considerados masculinos, organizan dentro do 8M, as seguintes actividades, financiadas a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero:

Os días 5 e 6 de marzo, terá lugar a actividade “Seguridade Violeta”, para traballar a prevención das violencias machistas, dirixida ao alumnado de 2º da ESO, dos IES´s Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela. Nesta actividade participarán 121 rapaces e rapazas. Desenrolarase en 2 sesións de 2 horas de duración cada día con cada un dos grupos. Dentro desta actividade está prevista a realización dunha curtametraxe por cada IES, que será presentada o día 22 de marzo no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo.

Os días 7 e 8 de marzo, o Obradoiro Educando dende a Igugaldade de Xénero, dirixido ao alumnado do obradoiro Dural de Carpintería e Xardiñería, impartirase na aula da Casa da Cutlura. O 8 de marzo instalarase a mesa informativa na Praza Maior e ás 12.30h e terá lugar a Lectura do manifesto.





O 11 de marzo, terá lugar a Scape Room “Elas”, actividade que ten como obxectivo fomentar a reflexión entre @s participantes sobre a importancia da igualdade e a rutura cos estereótipos de xénero. Desenvolverase entre 85 nenos e nenas nos dous CEIP´s, entre o alumando de 5º no Rosalía de Castro e o 6º no Carlos Casares, em horário de 9.00 a 14.15.

Os días 18, 19 e 20 de marzo, terá lugar en Ganade o Curso Nómadas Dixitais, actividade que se organiza en colaboración co Instituto da Familia. Destinada ao acompañamento a mulleres maiores que teñen un telefóno móvil e queiran aprender a manexalo de forma segura, así como aprender a usar aplicacións útiles para a súa vida diraria.

O día 22 de Marzo ás 17.00horas comezará a primiera das actividades que terán lugar este día é a Escape Room “Igualdade un reto contra a violencia de xénero”, con un aforo máximo e 200 persoas, desenvolveráse no Parque do Toural e a inscripción será a través do código QR, que aparece no cartaz.