Julia Marqués colgou as súas pinturas en Sandiás

Julia Marqués colgou as súas pinturas en Sandiás

 Mais de medio cento de persoas  acompañaron a artista visual Julia Marqués na exposición “traxectorias” en Sandiás

 O sábado 2 de Marzo, na sala de Exposicións do Concello de Sandiás comezou o acto de inauguración da exposición de pintura cunhas primeiras palabras de saúdo do alcalde Felipe Traveso dando as grazas relatando o completo e variado programa cultural de Sandiás seguindo as estacións do ano e dando as grazas os preto de 65 participantes no acto de inauguración pondo en valor o compartir e disfrutar das creacións artísticas no mundo rural; deseguido Julia, a autora das preto de 48 obras de pintura, fixo unha presentación contextualizando a obra no conxunto do seu periplo artístico e vital e desenvolveu sintéticamente a gramática da mesma.

EXPOSICIÓN sANDIAS

 Nun segundo momento visitouse a exposición na Sala de exposicións do mesmo concello situada en dúas alturas superpostas e nun edificio que fixo as delicias dos asistentes pola súa magnífica restauración e que serviu de marco expléndido para a exposición. O público asistente tamén puido consultar polo miudo unha boa mostra de prensa, entrevistas, catálogos de exposición de galería por varios países Europea que formaron parte do periplo profesional e vital da propia autora o longo de moitos anos.

DSC4001

 Desde o Concello de Sandiás, agradecen aos veciños  participantes da inauguración e de xeito especial a Julia Marqués Meyer pola súa decisión de expoñer en Sandiás a súa obra artística. A exposición estará a disposición dos visitantes dende o 2 de Marzo ata o 30 de Marzo os mércores, xoves, venres e sábado pola tarde previa chamada ao teléfono do Concello de Sandiás (Tlf. 988 46 50 01)