A ansiedade do último cuarto pasoulle factura aos Sénior do A.B. Xinzo

Foto arquivo fin de tempada 22/23
A ansiedade do último cuarto pasoulle factura aos Sénior do A.B. Xinzo

 O resumo do fin de semana pódese cualificar de malo para os equipos do A.B. Xinzo, a espera de tempos mellores, que seguramente virán.

 Os Sénior masculinos vosoitaron o  sábado a cancha do Basket Coruñ, voltando cunha nova derrota.  Partido igualado, tendo minutos nos que os de Xinzo foron por riba no electrónico pero unha vez máis a ansiedade do último cuarto  no que con un parcial de 25-9 a favor dos coruñeses perdendo o partido. O equipo adestrado por Toni Ladra, ten varios partidos fora nos que hai que intentar traerse algunha vitoria para poder ter posibilidades de manterse na categoría.

Tamén o equipo Sénior feminino perdeu na súa saída ante o Salesianos Vigo, nun partido que xa estaba roto antes de chegar a metade. As lesións e a ausencia das Júnior non dan conseguido vitoria.

As Júnior feminino desprazáronse a tarde do Sábado ata o Barco, traendo unha vitoria máis para a casa, aínda que con prórroga e por un solo punto.

Entre os equipos infantís, cadetes e mini bastantes derrotas, aínda que algunha vitoria máis tamén.