Máis de 580 inscritos a poucas horas do peche de inscricións

Máis de 580 inscritos a poucas horas do peche de inscricións

A de Xinzo estase a converte nunha das probas favoritas dos corredores  galegos.

 Este domingo a proba de 10Km de Xinzo batera récord de participantes con máis de 580 inscritos a poucas horas do peche de inscricións, esta noite ás 24:00.

Tamén haberá unha proba de 5 Km e as de nenos e nenas por idades como todos os anos, estando inscritos preto dos 110.

ESPERANDO RECORD DE CIRCUIOTO

O responsable directo da proba, Oscar, membro do equipo de técnicos do concello e de Limiactiva espera que este ano se poida baixar o tempo da carreira en menos de 30 minutos. O récord está neste momento en pouquiño máis de 31 minutos. Todo vai depender do vento, comenta Óscar.


Outra vez máis os técnicos e concelleira estarán na organización da carreira (foto arquivo) 

Case un cento de persoas, todas voluntarias participan no desenrolo das carreiras. A cabeza da organización está a Concellería de Deportes cos seus técnicos e despois contan con un grupo moi amplo de voluntarios de Limiactiva que dende a noite anterior e dende primeiras horas da mañá están preparando as bolsas de avituallamento e colocando vallas.

Tamén este ano se baterá o récord en canto a agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca e por suposto a de Xinzo.  Tamén se conta coa Policía Local para todo o control de tráfico.

A proba comezará ás 11:20 para os corredores de 10 e 5Km. Os segundos terán que dar 2 voltas ao circuíto e os segundo unha sola volta, que terá a saída e a chegada no pavillón de deportes.

Posteriormente comezarán as carreiras dos escolares que percorreran distancias entre os 100 metros e o medio Km.

TODO PENDENTE DA METEREOLOXÍA.

Todos os atletas federados teñen que asistir a proba(os inscritos) posto que se non acoden terán unha multa da federación. Do resto de participantes “ESCOLARES”, loxicamente dependerá da climatoloxía da mañá.

Todos os participantes recibirán un agasallo recordatorio da proba e os pequenos terán todos medalla.