Os nenos e nenas do PAI e CEIP de Sandiás tamén celebran o 8M

Os nenos e nenas do PAI e CEIP de Sandiás tamén celebran o 8M

Realizaron un obradoiro de arte infantil 

A artista visual Julia Marqués Meyer que inaugurou exposición en Sandiás organizou un obradoiro de arte infantil co motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo.

Foto 15


Asistiron 33 nenos e meniñas do PAI e os de terceiro, cuarto e quinto de infantil do Ceip de Sandiás acompañados polos educadore@s Cristina, Maria e Gabi e por algúns papás/mamás e avoas.

Nun primeiro momento tiveron unha sinxela visita guiada polos cadros onde lle fixeron pregunta a Julia, comentarvos vos cadros con cores cheos de emocións e vida.

Despois desenvolveuse un pequeno obradoiro con diferentes materiais no que os nen@s puideron reflexar o seu arte. Julia é unha artista que ademais de pintar paisaxes gústalle moito os retratos e aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo decoraron un retrato dunha muller con ceras, adhesivos de estrelas e outros materiais dando renda solta a creatividade. Fixeron uns traballos fantásticos.