Chocolatada interxeracional de mulleres en Boado
10:22 09/03/24
10:22 09/03/24
Contou con mulleres e nenas de moitos pobos da Limia.
A pesares do temporal, este 8 de marzo máis de 50 mulleres volvéronse xuntar, esta vez na escola de Boado, para compartir unha tarde de xogos e convivencia .
Boado, Pidre, Lamas, Parada, Laroá, Ganade, Sarreaus e Xinzo son algúns dos pobos partícipes da xornada feminista, na que partillaron ideas, experiencias, anécdotas e proxectos comúns, co único obxectivo de apoiarse e escoitarse. Ademais, desfrutaron dunha actividade lúdica que rematou en chocolatada e foliada até o escurecer.
A dinamización destes encontros é indispensable, para crecer e florecer de maneira xa clara, un futuro xusto e de igualdade.