Entre 2.700 e 4.000 € terán que poñer os regantes incluídos no plan
Agora si comeza a conta atrás para o comezo das obras que van a transformar o agro na Limia
Os compromisarios representantes das 4 comunidade de regantes aprobaron as propostas por unanimidade
Entre 2.700 e 4.000 € terán que poñer os regantes incluídos no plan
Onte a noite rematou a primeira fase, a máis complicada,
para que poida poñerse por fin en marcha as obras do plan de regadío no que se
investirán 35 millóns de € de fondos europeos e máis de 7 aportados pola Xunta
de Galicia. Do montante total os agricultores terán que abonar o 20% ademais do
IVE correspondente.
Amador Saburido, presidente das catro comunidades estaba exultante ao fin da última e decisiva asemblea. Despois dunha semana moi intensa e despois de unir ás catro comunidades, isto xa vai pa diante. Agora si que podemos dicir que é un antes e despois e solo nos queda depositar o aval de case dezasete millóns de euros, antes do día 12 de abril, para que SEIASA comece as obras. A reunión de hoxe precisamente foi para a aprobación do aval e explicar a repercusión por hectárea do que nos corresponde aos propietarios.
PRIMEIRO OBSTÁCULO O AVAL DE 16 MILLÓNS
Onte reuníronse os compromisarios para aprobar a parte
económica correspondente que teñen que aportar para que a obra poida arrancar.
Esta cifra ascende ao 40% do custe total, superando este aval os 16 millóns de
€, que xa teñen comprometido cunha entidade bancaria local. Segundo manifestou
o asesor dos regantes, foi un camiño difícil e complicado, pero logrouse con
unhas condicións moi vantaxosas para os comuneiros.
ENTRE 2.700 E 4.000 €/HECTAREA
Outra das cuestións que tiñan que aprobar era o custe total
que vai a supoñer a cada comuneiro por hectárea. A cifra vai dende os 2.700 €
hectárea a un máximo de 4.000. Amador Díaz, alcalde de Xinzo e membro da
directiva da comunidade está convencido que si non hai moitos atrancos e a
Xunta cumpre co prometido polo conselleiro, pode ser que a cifra de 2.700 poida
rebaixarse un pouco.
PERCORRIDO LONGO E MOI DIFÍCIL
Todos estiveron de acordo nas súas manifestacións en que o
proceso foi moi longo e tortuoso, por dicilo de algunha maneira. Non é fácil
por de acordo a tantos propietarios.
Neste proxecto e nesta primeira fase son 1925 hectáreas que
pertencen a 1.000 propietarios. Noutras zonas do pais esas hectáreas son de tan
solo 100 propietarios. Isto fainos reflexionar sobre o difícil que é poñer de
acordo a mil propietarios.
Solo pido dicía Amador, un pouco de paciencia posto
que, o resultado desta transformación verase realmente dentro de 5 ou 6
anos, para comprender realmente a importancia e transcendencia do día de hoxe
para a Limia.