O comercio de Xinzo sorteará 10 xamóns de bodega

Campaña do día do Pai de Prolimia
O comercio de Xinzo sorteará 10 xamóns de bodega


Na campaña do día do Pai (19 marzo)





500x500


Un ano máis os comercios pertencentes a Prolimia poñen en marcha a campaña de promoción do comercio local do día do pai sorteando 10 xamóns de bodega.

A dinámica a seguir para o sorteo será a seguinte:

1.- Nos tíckets de compra que fagan os nosos clientes entre os días 12 e 19 de Marzo de 2024, poñeremos o nome d@ client@ e o nº de teléfono por detrás.

2.- Este tícket meterémolo nunha urna que teremos os comerciantes nos nosos negocios.

3.- O día 19 de Marzo, ás 20:00h no Auditorio da Casa de Cultura de Xinzo de Limia introduciranse  tódolos tíckets de compras nunha única urna para, ás 20:30h comezar o sorteo dos 10 xamóns de bodega que estarán  alí preparados para repartir no momento.

Aqueles clientes que queiran traer os seus tíckets e introducilos no momento, tamén poden. Segundo vaian saíndo as papeletas premiadas irase chamando aos agraciados para confirmar tódolos datos.