Porqueira e Trasmiras únicos concellos da Limia que reciben axudas esta semana
En cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 111.436,34 € para o Concello de Ribadavia, destinados á reforma da pista central do centro deportivo municipal O Consello. Tamén concedeuse unha axuda de 49.960,80 € ao Concello de Avión para a mellora de redes de saneamento e pluviais no núcleo de San Vicenzo; de 47.371,50 euros para pista multideportiva no Concello de Trasmiras; 40.000 € para pavimentación de rúas Castrelo do Val; 30.000 € para a reparación de depósitos e abastecemento en varias poboacións de San Xoán de Río; e 7.429,88 € ao Concello de Porqueira para cofinanciamento do fondo de compensación.
AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS
Aprobou as bases para a concesión de
achegas ás asociacións veciñais para o financiamento da adquisición de equipos.
Segundo estas bases o seu
obxecto é a regulación da tramitación e concesión, mediante convocatoria
pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións
ás asociacións veciñais de Ourense, coa finalidade de financiar a adquisición
de equipamento para este ano. A contía máxima dispoñible para a
concesión destas subvencións é de 30.000,00 euros e o prazo para presentar as
solicitudes remata o 20 de abril.