Tres días para rexistrar 4 galiñas

Cola de fai 15 minutos nas oficinas da Xunta
Tres días para rexistrar 4 galiñas

O mínimo de espera diaria, de pe, son case dúas horas 

Esta é a situación en que se atopa a oficina da Xunta, para o rexistro dos galiñeiros do rural. A xente que está na cola está case dúas horas para o rexistro, pero o problema non é solo ese. Hai xente que ten que vir a dúas ou tres veces.

Por outra banda hai persoas que teñen que facer calqueira outra xestión administrativa, que nada ten que ver cos galiñeiros rurais, pero tense que marchar porque  non pode estar dúas horas nunha cola.

Alguién terá que tomar medidas serias con este tema, porque a xente está a punto de soliviantarse.

Os funcionarios non dan feito, e os que están na cola entenden que esta situación non é provocada por eles.