A Asociación da Pantalla analizou o pasado Entroido

A Asociación da Pantalla analizou o pasado Entroido

 Proponlle aos socios unha maior implicación na organización do Entroido e non solo en certos días. Esta proposta será transmitida ao concello, como responsable da festa cando estes queiran falar do Entroido 2025.

 A asociación A Pantalla reuniuse en asemblea, a cal segundo informa a xunta directiva, foi unha das de mais afluencia dos últimos anos.

MASIFICACIÓN NO MECO E NO OLEIRO

Unha das cuestións que puxeron en común é a masificación que hai, non solo de xente vendo, se non tamén participando, por exemplo no colgamento do Meco como no Oleiro, co que estase a perder bastante a identidade dos actos da festa e sobre todo correndo riscos de seguridade.

Despois de participar moitos dos presentes no debate e estando todos de acordo nesta cuestión moitas foron as propostas de mellora por parte dos membros da asociación que unha vez defendidas acordándose propostas de cambio e mellora. Estas propostas concretas  trasladaranllas aos responsables do concello, como organizadores  do Entroido, para ver de implementalas cara ao ano que ven.

MAIOR PARTICIPACIÓN DA “PANTALLA”

Os asociados analizaron tamén a implicación da asociación na organización de certos días e actos en concreto (Oleiro-Meco), e na posibilidade de ter máis implicación nos outros días, sobre todo porque moitas veces a xente protéstalle a “Pantalla” de cousa nas que non participa, tendo en conta tamén que persoas da asociación están tamén na comisión e esta cuestión non a ven clara.

Aprobaron tamén as saídas para este ano como asociación A Pantalla quedando aprobadas as saídas a Viana, Lisboa e Santiago.

Outra das cuestións que trataron na asemblea é a implicación dos socios, cuestión que manifestou a directiva que era bastante escasa ou nula. Nesta cuestión os socios apuntaron que non estaba claro por parte da directiva, cando, donde e en que queren que se participe, acordando que se farán uns grupos de traballo, tanto para os días de Entroido como ao longo do ano.

CANTOS NO DOMINGO DE PIÑATA

No último punto trataron o tema que tanta repercusión tivo este ano, cal foi o vídeo das pantallas cantando no medio da praza, a última tarde de Piñata, manifestando algúns dos presentes, que estiveron ese día, que efectivamente non estivera “moi correcto” e que ningún membro da asociación volverá a repetilo, pedindo aos que estean vestidos de pantalla, pero que non son da asociación que non se faga.