A crecente participación de xogadores fai imposible o bo transcorrer do xogo. (domingo oleiro)

Oleiro 2024
A crecente participación de xogadores fai imposible o bo transcorrer do xogo. (domingo oleiro)

A Asociación propondrá dividir en grupos de participantes entregando o mesmo nº de olas e cando se rompan todas que entre outro grupo.

Como xa anunciamos onte, a Asociación a Pantalla estudou na súa asemblea o acontecido neste Entroido 24 chegando a primeira conclusión de que en todas as actividades do Meco como do Oleiro houbo moita masificación tanto de público como de participantes polo que fará unhas propostas de cambio cara o 25 para mellorar todos estes aspectos e sobre todo facelos máis divertidos, tanto para participantes como para o espectáculo de cara ao público asistente.

NO OLEIRO FACER GRUPOS DE LANZADORES.

Xogar por roldas de participantes. Neste senso vese necesario estimar o número idóneo de participantes por cada circulo e dividir as persoas que participen no número necesario. Por exemplo: se na Praza Maior hai 35 participantes e o aforo máximo de xogadores é de 20 persoas xogando a vez, dividiríanse os 35 xogadores en dous grupos de 17 xogadores un e 18 xogadores outro.

Oleiro Infantil


Outro exemplo para acabar de entender o tema sería: se na Praza de Oriente hai 35 participantes e o aforo neste caso é de 10 xogadores a vez, dividiríanse en tres grupos de 9 xogadores e un grupo de 8 xogadores.

Cada grupo de xogadores xogará por número concreto de olas e non por tempo de xogo. Neste senso non se matizou nada en concreto pero unha boa solución sería que cada rolda xogara soamente un número de olas igual ós xogadores que estean en cada rolda. Deste xeito conseguiríamos unha rotación máis ou menos igual en proporción o número de xogadores.

Por exemplo: nos casos anteriores xogaríanse 17 olas primeiro e 18 olas despois cando se xogue na Praza Maior e na Praza de Oriente 3 roldas de 9 olas e unha de 8 olas.


Deste xeito os grupos máis numerosos xogarían máis tempo xa que son máis persoas e os pequenos menos tempo con capacidade de ter unha maior rotación e facer varias roldas no mesmo lugar.

O cambio de roldas segundo o espazo faríase dun xeito ou doutro aínda que se matizou que na Praza Maior unha boa forma sería facelo dentro do circulo, facendo un pequeno descanso para  tomar unha rolda de viño da ola que sempre levamos e que serviría como descanso para os xogadores.

Tamén a asociación propón facer unha reunión previa coas persoas que vaian a xogar ás olas, facendo unha preinscripción anterior para ter unha estimación de xogadores, sen prexuízo nin restrición a ningún que queira participar e que se apunte na propia praza.

Como xa anunciaron onte, todas estas propostas serán levadas a unha reunión co concello para analizalas e consensualas.