Dixitalización de xornais de Xinzo do século pasado

Noelia Bascuas e Carlos Gómez
Dixitalización de xornais de Xinzo do século pasado

El Eco antelano; Juventud; El agrario; El Camelo; El látigo; El pueblo antelano; 

Carlos Gómez, concelleiro de Cultura de Xinzo asinou o acordo con Noelia Bascuas, directora da Biblioteca de Galicia, recepcionando tamén os exemplares gardados polo concello de Xinzo.

O Concello de Xinzo de Limia, quere dixitalizar a través da Biblioteca dixital de Galicia GALICIANA da Xunta de Galicia, a colección de xornais de principios do século  XX que foran doados á institución municipal por os herdeiros do xornalista e escritor Antonio Nieto Oliva no ano 1998, e outros por o xornalista Manuel Gómez Colmenero no ano 2000.

O Concelleiro de Cultura e segundo Tte. Alcalde, Carlos Gómez Salgado, na recente visita a Xinzo de Roman Rodríguez e de Anxo Lorenzo, Conselleiro e Dir. Xeral de Cultura respectivamente, solicitou a dixitalización dos 55 xornais que están depositados na casa da Cultura dende o ano 1998,  para garantir a súa conservación e posta a disposición de investigadores e interesados a través da Biblioteca GALICIANA.

Estes xornais foron estudados a principio do século XXI por distintos investigadores locais como a profesora Concepción Rúa González, o xornalista Federico Cocho de Juan ou o historiador local Edelmiro Martinez Cerredelo, que mesmo os recolleu no libro “A prensa en Xinzo de Limia: século XX (1911-1925)”.

Repartidos en 11 cabeceiras, os 55 exemplares que se dixitalizaran por Galiciana, supoñen unha das mais importantes coleccións conservadas de xornais locais de principio do século XIX, nunha vila do tamaño do Municipio de Xinzo de Limia, o que fai pensar na grande actividade socio cultural que se deselvolvia na capitalidade da comarca.

Entre os exeplares existen catro cabeceiras dos Municipios de Verin unha delas a mais antigua de 1906 -La víbora (7 enero 1906), e unha de O Carballiño, ineditas na maioria dos casos e xa que logo de moito interese para os veciños e investigadores daqueles municipios.

https://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do

A relación completa das 11 cabeceiras en 54 números:


-El Eco antelano (Xinzo de Limia)

Año I, n. 1 (24 diciembre 1911)

Año I, n. 17 (14 abril 1912) (fotocopia)

-Juventud (Xinzo de Limia)

Año I, n. 1 (15 febrero 1919)-Año I, n. 5 (13 abril 1919)

Año I, n. 7 (3 mayo 1919)-Año I, n. 10 (13 junio 1919)

-El agrario (Xinzo de Limia)

Año I, n. 11 (13 julio 1919)-Año I, n. 12 (13 julio 1919)

-El Camelo (Xinzo de Limia)

Año I, n. 1 (15 abril 1920)

Año I, n. 2 (1 mayo 1920)

-El látigo (Xinzo de Limia)

Año I, n. 1 (27 marzo 1923)-Año I, n. 13 (3 julio 1923)

-El pueblo antelano (Xinzo de Limia)

Año I, n. 1 (13 julio 1925)-Año I, n. 10 (26 noviembre 1925)

-La víbora (Verín)

Año I, n. 1 (7 enero 1906)

-El cencerro (Verín)

Año I, n. 5 (15 octubre 1926)

-El eco de Monterrey (Verín)

Año XII, n. 467 (10 mayo 1931)

-Heraldo de Verín (Verín)

Año I, n. 2 (7 abril 1946)

-Ambiente (O Carballiño)


Año III, n. 130 (11 julio 1954)