Volve abrir as súas portas o Museo do Entroido
A EMPRESA ADXUDICATARIA “AS CURUXAS” A PETICIÓN DO CONCELLEIRO DE CULTURA, PRESENTOU UNHA MEMORIA DE XESTION DOS ULTIMOS QUINCE MESES.
Carlos Gomez fixo un balance moi positivo deste último período e do traballo realizado por as Curuxas, tanto no tocante ao numero de visitantes coa inxente laboura de divulgación feita en redes ou presencialmente, tanto en canto as actividades realizadas por a empresa adxudicataria; destacando entre elas os concursos de fotografía, as conferencias, exposicións, coloquios, obradoiros, realización e presentación de audiovisuais e curtas, ou mesmo contacontos.
No informe presentado ao Concelleiro, as Curuxas tamén poñen en destaque a batería de acións realizadas neste período para facer máis agradable e didáctica a visita das persoas que se acercan ao MUGAE como foron o vídeo explicativo do Entroido en linguaxe de signos e subtitulado en colaboración cos servizos de dobraxe da Federación Galega de Persoas Xordas.
Tamén a Guía de lectura accesible con pictogramas. Ou o programa de entrevistas a entroidos de Galicia para a publicación da orixe, ciclo e traxe en redes e a elaboración dos códigos QR's: Laza, Maceda, Xenerais da Ulla, Cobres, Farrumecos, Merdeiros, Xironda, Follateiros, Mázcaras de Buxán, Boteiros de Viana do Bolo, Bonitas de Sande, Troteiros de Bande.
MUGAE
Estes códigos QR's atópanse aos pes dos personaxes e proporcionan un audio e un texto, redactado segundo as recomendacións da ONCE, os dous en galego e en castelán.
En canto ao balance das visitas, malia lenta recuperación da normalidade despois da pandemia do COVID19, o informe conclúe que o número de persoas que visitaron o museo neste período ascendeu a perto de 5500. Tendo en conta que no 2022 tan so abriu 22 días e no 2024, 38.
A tendencia segundo a empresa concesionaria e ascendente é prevén que neste 2024 o número de visitantes supere con creces a cifra do 2023.
Por último no informe das Curuxas tamén fan referencia a certas deficiencias a nivel arquitectónico ou de equipamento e instalacións que compre subsanar, como a climatización ou a reparación de determinadas zonas da cuberta.
Na xuntanza que mantiveron co Concelleiro de Cultura en datas pasadas Carlos Gómez comprometeuse a informar a Deputación Provincial destas cuestións para que sexan subsanadas o antes posible e implementar diversas melloras estruturais e de funcionamento, e incrementar os fondos museísticos, coa perspectiva a medio prazo de que o MUSEO GALEGO DO ENTROIDO forme parte dos museos da Xunta de Galicia e que na xestión do mesmo participen ademais da Deputación, a Xunta de Galicia e o propio Concello de Xinzo.