Nómadas Dixitais: un acompañamento ás nosas maiores co uso das novas tecnoloxías
21:06 18/03/24
21:06 18/03/24
Comezaron as xornadas no centro social de Ganade
Onte comezou o curso Nómadas Dixitais, un acompañamento a mulleres maiores nas novas tecnoloxías, no Centro Social de Ganade, en horario de 16:30 a 18:30h.
A actividade executarase durante os próximos tres días, abordando os seguintes contidos: entender o funcionamento do móbil, empregalo de forma segura, boas prácticas e malos hábitos e o uso de aplicacións útiles para a vida diaria.
Esta actividade está organizada dende a Concellería de Servizos Socias e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, dentro da programación do Día Internacional polos Dereitos das Mulleres, contando coa financiación