"Unha labor social e de paso colaboramos co nosos parques" (Cristina Campero)
A concellería de Parques e xardíns celebrou o día da árbore facendo diferentes plantacións en parques de Xinzo acompañados polos membros de Limisi.
Cristina ten intención de que esta iniciativa se repita ano tras ano con este colectivo de veciños entre os que se atopa algún dentro do colectivo con síndrome de Down, do que tamén hoxe se celebra o día mundial. Desta maneira visibilizamos aos colectivos que atende Limisi no mesmo día.
MALA INTERPRETACIÓN PO PARQUE INFANTIL DO TOURAL
Cristina fíxose eco da noticia que sacábamos onte na (foto
denuncia), noticia que lle sorprendeu, porque precisamente o día anterior, despois
de remitir as chuvias, comezaran as
obras nese parque, co desbroce, e arrastrillando a area para agora botarlle
encima area nova que se levará a cabo entre mañá e o luns. Precisamente ela
manifesta que fai anos que non se leva a cabo ese adecentamento nos parques.
Non recorda cando foi a última vez que se renovou a area, traballo que se vai a
facer con todos os parques infantís do concello, polo que entende que foi unha
precipitación esa denuncia.