O CEIP Rosalía de Castro cumpre en novembro 50 anos
Mañá comezan os actos conmemorativos do 50 aniversario do CEIP Rosalía de Castro.
O colexio Rosalía de Castro, aínda que non foi o primeiro en rematar as súas obras, si foi o primeiro que empezou a recibir alumnado alo polo 11 de novembro de 1974, polo que o profesorado actual encabezado polo seu director Jose Manuel García queren celebralo como se merece.
Jose Manuel García-Director CEIP ROSALÍA DE CASTRO
Para elo durante os meses que faltan ata novembro están a
programar unha serie de actos, un cada mes, para rematar en novembro cunha gran
festa aínda por matizar, pero que será “por todo o alto”.
HOMENAXE A TODOS OS MEMBROS DOS EQUIPOS DIRECTIVOS
O primeiro dos actos programados será mañá venres 22 no que
todos os membros dos equipos directivos dos últimos 50 anos recibirán un
recoñecemento en forma de agasallo conmemorativo, e un dos que máis tempo botou
no cargo Iglesias Sueiro, ademais recibirá un especial, consistente en nomear
ao edificio administrativo, no que estivo tantos anos, co seu nome. Unha placa
conmemorativa que se instalará mañá nomeará esa parte importante do centro
educativo. Ao acto teñen confirmada a súa asistencia Valentina, Pepa, Daniel, Gonzalo, Mª Pilar,
Cristina, Geli etc, que estarán acompañados pola corporación Municipal, a
inspección educativa e o Xefe Territorial, entre outros, así como o alumnado de
5º e 6º de primaria.
Durante os seguintes meses estanse programando outra serie
de actividades. A seguinte consistirá nunha entrevista en vídeo que se
difundirá polas redes sociais con Gonzalo Sueiro. Para o mes seguinte os protagonistas serán
alumnos e alumnas con certa representación pública en Xinzo e que pertencen a
primeira e segunda promoción do centro. A estas persoas realizaránselle tamén
entrevistas no lugar do centro que máis lles gustaba. Nesta primeira quenda estarán
Carlos Gómez, Elvira Lama e Germán Bolaño., este último precisamente é o
primeiro alumno que figura nos rexistros como o primeiro que obtivo o “Graduado”.
Máis adiante irán presentando as diferentes accións que
estarán dedicadas loxicamente a todo o alumnado que pasou polas aulas, ao
profesorado etc.