“PREVISIÓN E DILIXENCIA” COS CHEIROS DOS SUMIDOIROS.

“PREVISIÓN E DILIXENCIA” COS CHEIROS DOS SUMIDOIROS.

Petición do BNG ao concello de Xinzo 

 Camilo Vila e Manuel Pozo, voceiro e vicevoceiro do Bng, informaron que o grupo nacionalista levará ó próximo Pleno a necesidade de anticiparse a un problema que “non tardará en chegar”. 

IMG 3277

A rede de sumidoiros de Xinzo ameaza á veciñanza con cheiros incómodos que se repetirán eventualmente nos próximos meses polo que o Bloque esixe medidas específicas para que este problema non se converta nun inconveniente tanto para o día a día dos veciños e veciñas da vila e do resto da comarca e especialmente para a hostalaría. 

Vila lamenta que “este grupo de goberno ten demostrada a súa incapacidade de anticiparse ós problemas tal e como vivimos co tema dos colexios electorais pechados, o malestar provocado coas podas do outono ou a falta de pediatras no centro de saúde por iso lle axudamos a que non siga cometendo os mesmos erros que paga a veciñanza”.