Este sábado as chicas do A.B. Xinzo necesítante nas gradas

3ª semifinal consecutiva en tres anos

Equipo Júnior do A.B. Xinzo tempada 23/24
3ª semifinal consecutiva en tres anos

As júnior do A.B. Xinzo, xóganse ser campioas de liga este sábado e domingo

Por terceiro ano consecutivo o equipo Júnior feminino do A.B. Xinzo xogará o play of para converterse en camioas na tempada 23/24. Esta é o terceiro play of consecutivo para acadar o primeiro posto.

Cris, Helena, Julia, Pauli e Sabela levan participando neste play of de fin de campaña os tres anos. Este ano disputarán xunto coas novas compañeiras a primeira semifinal o sábado 6 ás 12:00 a primeira das semifinais no pavillón de Xinzo contra o eterno rival Allariz.

Dende o club solicitan o apoio a este equipo que xa fai historia no club. Se gañan a final celebrarase o domingo ás 18:15 en Ourense contra as gañadoras do Blanco Amor- Barco.