"Travesía polo mar das ANTELAS"

Invitación e portada do libro-audio.
"Travesía polo mar das ANTELAS"

OCEANOE., Mañá venres 5 de abril  ás 20:30 na Casa da Cultura de Xinzo

 Mañá venres 5 de abril  ás 20:30 a Casa da Cultura de Xinzo será o escenario perfecto para a presentación do último proxecto levado a cabo por Noemí dende a súa Arca, “Arca da Noe” coñecida por todo o mundo.

Neste novo proxecto Noemí e os seus acompañantes (músicos) imaxinan o que sería unha viaxe polo mar da Antela.

Despois de meses com o navio em doca seca, decidimos zarpar e navegar com a força das marés vivas.Embarcamo-nos numa travessia deste calado pela primeira vez. A nau já está aparelhada e a tripulação pronta no cais: mais de 50 músicos que já passaram pola Arca (muitos tiveram de ficar nas tascas da ribeira, a armadora não tinha mais prata…); o contra-mestre Sérgio Tannus, para gravar as 15 músicas da banda sonora; a Irene Veiga e o Xico Paradelo para escrever o Caderno de Bitácora, a Lucia Cortiñas, de vigia, com a sua cámera para documentar a singradura em vídeoclips; a Inés Mirás e a Patri Gamalho largando e amarrando os cabos para manter o barco a vela; o Heitor Real para criar beleza onde só ficam nódoas de humidade, a Noemi Vázquez, a segurar o leme do rumo certo e muitos grumetes a fazer de tudo… (Arca da Noe)

Na presentación estarán presentes ademais de Noemí Vázquez Irene Veiga, Lucía Cortiñas, Sergio Tannus Iseo, Ricardo Cabanelas e As Xingras da Arca.