Rematou a gravación do vídeo para o Grand Prix

Rematou a gravación do vídeo para o Grand Prix

 A última toma saíu a terceira

 Preto dun cento de veciños a maioría rapaces, xuntáronse ma praza Carlos Casares para gravar os últimos segundos do vídeo, que despois da edición se enviará ao xurado do Grand Prix. Nesta última parte tomou parte tamén o alcalde dende o balcón do concello na conta atrás.


Momento da gravación dos últimos segundos 

Durante o día de onte e hoxe os diferentes colectivos deportivos e culturais de Xinzo foron gravando os seus respectivos vídeos, Banda de Gaitas, Conservatorio, clubes de deportes etc.

Agora, unha vez enviado, so queda esperar. Tamén hai que resinar que os organizadores esperaban ter unha concorrencia maior de xente na praza.

Hoxe soubemos que a cousa non vai a estar sinxela, posto que outros dos concello que tamén aspiran a ser os únicos participantes galegos é o de Celanova, o cal colleu moita experiencia nestas cuestións cando foi do alumeado de Ferrero Rocher.