Os días 13 e 20 de abril pola mañá

A Universidade volve un ano máis a Xinzo

Ricardo Sieiro, Carlos Gómez e Alexandre Soteliño (USC)
A Universidade volve un ano máis a Xinzo

 A USC impartirá  formacións orientadas a maiores de 50 anos

 O Concello de Xinzo desenvolve un ano máis o programa universitario para maiores da USC. Faino a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia no que participan un total de 22 Concellos galegos. Na presentación do proxecto que tivo lugar este venres participaron Carlos Gómez,  o concelleiro de Cultura, e Alexandre Sotelino en representación da USC.

Programa USC en Xinzo de Limia

Camiños de Coñecemento e Experiencia” é unha actividade orientada a maiores de 50 anos co obxectivo de “levar o coñecemento ó lugar onde máis sentido ten, a rúa”. O programa consta dunha serie de formacións teóricas e prácticas, entre as que se destaca o Seminario “500 anos do Bon Xesús de Trandeiras”, que terá lugar o día 13 de abril pola mañá. 

O día 20 e abril farase unha actividade teórica e tamén práctica en torno ós asteroides e meteoritos, e haberá tamén unha última formación, aínda sen datar, sobre a poda de árbores froiteiros, forestais e ornamentais

Para participar destas actividades, é preciso apuntarse. Pódese facer de xeito presencial na Casa da Cultura, ou de xeito electrónico enviando un correo ao enderezo culturadexinzo@gmail.com