OCEANOE, foi presentado en Xinzo

OCEANOE, foi presentado en Xinzo

 Os amigos da Arca da NOE da Limia, e de outros lugares asistiron a presentación do proxecto que rematou nun libro-DVD.

 Moitos foron os que non quixeron perderse a presentación dun proxecto ideado por NOE, a “alma mater” do proxecto moitas veces premiado da ARCA DA NOE de Vilar de Santos.

3


Tamén asistiron algúns dos protagonistas do libro, a súa escritora, o maquetista así como as responsables de levar o guión e a realización dos case 30 vídeos con cancións orixinais que ao longo de máis de 2 anos se foron gravando polas terras da Limia.





Tamén houbo música en directo, neste caso a cargo do grupo de rapazas “As Xingras da Arca” e o baile un grupo de afeccionados que tamén fomentan os bailes galegos, simplemente polo feito de divertirse e gozar.

5

As Xingras da Arca

O libro comezouse a tecer no ano 20, en plena pandemia por medo a que o proxecto da Arca chegara a desaparecer e todo o que se levaba feito non quedara de algunha maneira documentado para a posteridade e indo indo, como sempre ocorre converteuse nun macro proxecto audiovisual e de lectura co que se percorre toda a Limia.