As Júniors do A.B. Xinzo subcampioas provinciais

As Júniors do A.B. Xinzo subcampioas provinciais

Non lograron gañar ao equipo do Barco na final

Despois de gañar o sábado de 1 punto ao equipo de Allariz en Xinzo, quedaba a final disputada onte a tarde na cancha do pavillón de Salesianos ante o equipo do Barco.

O marcador final de 48-35 a favor do equipo contrario non é fiel reflexo do que aconteceu no partido, posto que as infantis do A.B. Xinzo no segundo cuarto do partido non foron capaces de facerlle ningún punto ao equipo contrario, que rematou cun rotundo 17-0. Desta maneira é case imposible gañar unha final. Polo contrario nos dous últimos cuartos as chicas de Xinzo tiveron uns resultados parciais positivos de 17-8 e 10-7, pero despois do ocurrido no segundo cuarto a cousa estaba moi dificil.

Noraboa por ese segundo posto, que solo un equipo a nivel provincial pode ter.