3ª tanda dos obradoiros de estimulación cognitiva

3ª tanda dos obradoiros de estimulación cognitiva

O primeiro obradoiro deste ano 2024 deu comezo o pasado 5 de Abril ás 16.30 h da tarde

 A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen “Obradoiros de estimulación cognitiva” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito nunha terceira etapa ao longo do ano 2024, despois da exitosa acollida que tiveron os da primera fase e segunda fase dos anos 2022-2023.

 

O primeiro obradoiro deste ano 2024 deu comezo o pasado 5 de Abril ás 16.30 h da tarde. Foi a primeira sesión coa participación de 13 persoas dun total de 20 apuntadas. Participaron veciños das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Couso de Limia, As Pegas, Cardeita... Haberá xuntanzas todos os venres ás 16.00 no local social do Concello de Sandiás.

 

A animadora especialista  é de novo por terceira vez  Mayara  Estevam, educadora social. Os obxectivos dos  obradoiros, comenta  Mayara, “van en liña de traballar o  embexecemento activo. Trátase de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria,  e a atención para mellorar as mesmas”.

 

As sesións duran unha hora e media e trabállase persoalmente e en equipo. “Entre os tipos de actividades que se realizan destacan estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo, razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”. De esta maneira rachamos coa soidade e creamos texido comunitario. Resalta  Mayara que é unha actividade que gusta: “As persoas interactúan máis, aumenta a autoestima e demandan cada vez máis ditas actividades”.

 

Estas actividades preventivas son fundamentais dado que o  alzheimer é un tipo de demencia moi presente na sociedade actual. A partir dos 80 anos soben un 35% dos casos. Unha das maneiras máis efectivas de previr esta enfermidade e a práctica de ditas actividades dun xeito periódico e continuo.

 

Conclúe  Mayara afirmando que  “estas actividades, ademáis de preventivas son actividades para gozalas e non para sufrilas”. Contentos da resposta obtida e co desexo que a mesma se emplie. Para inscribirse nos obradoiros, poden dirixirse ao teléfono da Casa do Concello (988 465001)