Xinzo de Limia é un exemplo a nivel internacional compartindo experiencia en agricultura sostible e posta en valor dos recursos locais con Ecuador.
O alcalde de Xinzo de viaxe oficial a Ecuador
Para promover a modernización do sector primario e a economía circular
O Alcalde de Xinzo Amador Díaz, foi convidado polo Goberno Provincial de Tungurahua, en Ecuador, para participar nunha serie de actividades oficiais relacionadas co fomento de mellores alternativas tecnolóxicas para o sector agrícola. A visita, que terá lugar do 10 ao 15 de abril, enmárcase na "Carta de Irmandamento" asinada entre ambas institucións, co obxectivo de promover a cooperación interinstitucional no ámbito da xestión produtiva agroindustrial, turística e a formación técnica e administrativa do talento humano.
Durante a súa estancia en Ecuador, o Alcalde compartirá a
experiencia de Xinzo de Limia na modernización do sector primario e a
transición cara unha economía circular. Neste sentido, destacará a aposta do Concello pola agricultura sostible, a innovación
tecnolóxica e a valorización dos recursos locais, o que o converte á nosa
comarca nun referente a nivel internacional.
"É unha gran
oportunidade para Xinzo de Limia compartir a súa experiencia con esta rexión de
Ecuador e aprender das boas prácticas que se están desenvolvendo neste
país", sinalou Amador Díaz. "Estamos
convencidos de que a colaboración entre ambas rexións pode ser moi frutífera
para o desenvolvemento rural e a creación de emprego".
Tamén participará en encontros con autoridades
locais, empresarios e representantes do sector agrícola ecuatoriano. Ademais,
terá a oportunidade de visitar diferentes proxectos innovadores relacionados
coa agricultura sostible e a economía circular.
Esta visita a Ecuador enmárcase no compromiso do Concello de Xinzo de Limia co fomento do desenvolvemento
rural e a internacionalización do municipio. Agárdase que esta iniciativa
contribúa a reforzar as relacións entre ambas rexións e a xerar novas
oportunidades de colaboración no futuro.