LIMISI e a diversidade funcional moi presentes na carreira de obstáculos “O Camiño Race” en Xinzo de Limia.

Persoas con discapacidade presentes na carreira "O Camiño Race"

Persoas con discapacidade presentes na carreira "O Camiño Race"

 Persoas con diversidade funcional correrán o domingo 21 de abril e participarán tamén como voluntariado na organización do evento.

O 21 de abril celebrarase en Xinzo de Limia o campionato galego de carreiras de obstáculos. Baixo o nome de “O camiño Race” centos de deportistas profesionais e aficionados, entre eles persoas con diversidade funcional, recorrerán este circuíto cheo de obstáculos, por monte e semi urbano que atravesará a vila.

Este ano como novidade LIMISI participará na carreira. De cor rosa, e coa camiseta de FusionFitness, unha escisión deste equipo limiao representará á LIMISI acompañando a persoas con diversidade funcional.

Ademais, ao igual que na anterior edición, varios mozos e mozas usuarias de LIMISI realizarán voluntariado na carreira axudando á organización para que todo saia ben. Como vixías nos obstáculos, no roupeiro, no avituallamento, na entrega de trofeos, etc. Con isto pretendemos normalizar a diversidade funcional, fomentar unha inclusión real e dar a ver que as persoas con diversidade funcional tamén poden ser útiles na sociedade, axudar e aportar, non só recibir axuda como ven sendo o máis habitual.

Tamén por primeira vez, a organización do evento (OCRA Galicia, Fusión Fitness e Diesemm) decidiu ofrecer un “dorsal solidario” a un prezo de 3€. Doarán todo o recadado á Asociación LIMISI para dar continuidade aos seus proxectos de inclusión social. Todas aquelas persoas que decidan colaborar poderán facelo ata o 16 de abril a través do seguinte enlace.

https://ccnorte.com/evento/competicion-recorrido/o-camino-race-2024//c/14755#info-14755