AFFOU beneficia a máis de 30 personas co Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade.

AFFOU beneficia a máis de 30 personas co Programa de Atención Especializada para Persoas con Discapacidade.

A Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense, AFFOU, executa este programa a máis de 30 persoas con fibromialxia e/ou síndrome de fatiga crónica da provincia de Ourense.

A través do mesmo, dende AFFOU queren mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por fibromialxia e síndrome de fatiga crónica, coa atención integral das súas necesidades. Para elo ofrece atención dende diferentes áreas: atención social, atención psicolóxica e terapias físico-rehabilitadoras.

Para poder levalo a cabo, AFFOU conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia procedente da convocatoria de subvencións con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na declaración da renda, e coa xestión da Conferedación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

A fibromialxia e síndrome de fatiga crónica son dúas enfermidades diferentes, pero cunha forma de presentación e síntomas similares de diagnóstico clínico. Ambas, son enfermidades de causa descoñecida, crónicas e sen cura na mediciña actual, que teñen efectos invalidantes para o traballo e as tarefascotiás, extremadamente negativos na esfera laboral, social, familiar e económica de quen a padecen.

Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (AFFOU). Entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 2003, coobxectivo de dar una resposta integral ás demandas e necesidades dos/as afectados/as por fibromialxia, síndrome de fatiga crónica e sensibilidade química múltiple e aosseus familiares, conseguindodestamaneira una mellora na súacalidade de vida. AFFOU forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI.