Amador Díaz impulsa as relacións internacionais co sector agrícola ecuatoriano

Amador Díaz co prefecto Manuel Caizabanda
Amador Díaz impulsa as relacións internacionais co sector agrícola ecuatoriano

As autoridades locais, encabezadas polo prefecto Manuel Caizabanda. acompañaron ó alcalde de Xinzo nas súas reunións en Ecuador.

 O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, continúa coa visita oficial á provincia de Tungurahua, Ecuador, programada entre os días 10 e 15 de abril. Durante a súa estadía está compartindo a experiencia de Xinzo de Limia como un referente internacional na modernización do sector primario e a economía circular, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento agroindustrial sostible de ambas rexións.

Amador Díaz, acompañado por autoridades locais co prefecto Manuel Caizabanda á cabeza, realizou un completo percorrido polo Frente Sur Occidental de Tungurahua, onde visitou instalacións de produción de pataca e procesamento de froitas. Nestas visitas, o alcalde puido observar de primeira man as técnicas e procesos empregados en Ecuador para optimizar a produción, reducir o impacto medioambiental e xerar valor engadido aos produtos locaisCollage

O xoves día 11 de abril realizou unha visita á Asociación de Produtores Agrícolas de Rubro Papa "AGROPAPA" en Montalvo, onde coñeceu o procesamento e comercialización de snacks a base de pataca. Tamén visitou a Planta de Procesamento EXPROFRUT do Canal Mocha Huachi en Cevallos, onde presenciou a colaboración entre o sector público e privado na comercialización de polpas de froitas naturais.

En Quero, Amador Díaz chegou ó Centro de Acopio e Comercialización de Patatas e ó Centro de Produtores CECOPAQ, onde se destacou a ampla produción e o arduo traballo dos agricultores locais. En Mocha foi recibido polo alcalde Danilo Ortiz e as autoridades locais, quen expresaron a súa gratitude pola visita, marcando así o inicio dunha cooperación internacional.

A xornada culminou na Quinta La Victoria do cantón Tisaleo, onde Díaz e o Prefecto de Tungurahua foron recibidos polo alcalde Milton Ramírez e as autoridades locais, gozando dunha presentación escénica que destacou a rica historia e tradición do pobo de Tisaleo.


Collage2

A visita do alcalde tamén permitiu un frutífero intercambio de experiencias cos actores clave do sector agroindustrial de Tungurahua. Exploráronse oportunidades de colaboración en diversas áreas, como o intercambio de coñecementos e tecnoloxías, a promoción de produtos locais en mercados internacionais e o desenvolvemento de proxectos conxuntos de investigación e innovación.

Esta viaxe reafirma o compromiso do Concello de Xinzo de Limia co fomento do desenvolvemento rural e a internacionalización do municipio. Agárdase que esta iniciativa contribúa a estreitar os lazos entre ambas rexións e xerar novas oportunidades de colaboración no futuro, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento rural sostible de ambas rexións.