Xornadas de Tráfico no Ceip Rosalía de Castro

Xornadas de Tráfico no Ceip Rosalía de Castro

Esta maña os alumnos e alumnas do Ceip Rosalía de Castro recibiron as autoridades competentes na materia, para levar a cabo unhas xornadas informativas e prácticas sobre educación vial.

Esta maña os alumnos e alumnas do Ceip Rosalía de Castro recibiron as autoridades competentes na materia, para levar a cabo unhas xornadas informativas e prácticas sobre educación vial. 

1

Nas diferentes actividades os rapaces e rapazas recibiron unhas clases teóricas, onde se lles amosaban as diferentes normas de circulación , o seu labor como peatóns e as diferentes medidas de prevención para evitar riscos. 

2

Para rematar,  a parte mais entretida foi a práctica, onde podian ver e montar nun coche e nunha moto da Garda Civil de Tráfico, para logo facer un circuito con cars e levar a cabo as diferentes normas aprendidas.

4

5

7

8

Cada neno e nena recibiu, de parte do concello de Xinzo, o seu permiso de condución infantil , permiso que levaban todos orgullosos calgado no pescozo.

1713179824914

Ditas xornadas foron organizadas pola Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Garda Civil de Tráfico, o servizo provincial de emerxencias de Ourense da Xunta de Galicia, Proteción Civil de Xinzo de Limia, a Policía Local e o Concello de Xinzo.