Accidente fatal en Soutelo (Trasmiras)

Accidente fatal en Soutelo (Trasmiras)

Este domingo as 21:30 horas a Garda Civil de Cualedro tivo coñecemento dun atropelo no interior do patio dunha vivenda en Soutelo (Trasmiras), co resultado do falecemento dun varón de 72 años de idade.

O condutor do vehículo de trinta e dous anos, era o fillo do falecido, estaba maniobrando marcha atrás cando, sen percatarse, arrolou co coche o seu pai. Ata o lugar acudiron Emerxencias Sanitarias de Galicia 061, os Bombeiros de Xinzo e a Garda Civil de Tráfico, que están a investigar as circunstancias do sucedido.

As 23.50 horas, expertos do Imelga ordenaron o levantamento do cadáver e o seu posterior traslado ao CHUO para facerlle a autopsia.