Alumnado da Asoc. Inventiva de Vigo visitaron Sandiás
Preto de 60 persoas do Clube Peña Trevinca e da Asociación Inventiva de Vigo adicada as altas capacidades visitaron o pasado domingo 14 de abril o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico das Areeiras de Sandiás.
A visita guiada na #CasadaLagoa e nas #Areeiras foi intensa e tivo unha duración de catro horas. A visita guiada a Casa da Lagoa, levouna a cabo #AlexDelosRíos, guía histórico e didáctico e Pepe Gándara , concelleiro de cultura e patrimonio ao patrimonio das Areeiras de Sandiás.
Pasouse revista na primera parte da visita a #xeografíafísica e humana de
lagoa expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe
(formas do relevo, sistema hídrico) e os factores antrópicos (os palafitos
lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do home no medio dende a
pre-romana ata a modernidade.
Como complemento, levouse a cabo un acercamento a #cartografía da lagoa en
relación coas súas dimensións e toponimia e analizouse o caso de intervención
máis agresiva na paisaxe: o proceso de desecamento franquista e a concentración
parcelaria.
Posteriormente fíxose referencia a #Xeografíamítica ( os espazos
e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a
diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía, e o papel
xogado polo Bruión, elexida ave do ano e a súa vinculación con hábitat do beón
(xunco da Lagoa).
Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías
perdidas da lagoa,por último tratáronse aspectos de #Xeografíacutural aplicados a
Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos
concretos de toponimia maior e menor da zona. Membros da propia academia e
participantes na visita #ofreceron interesantes #apuntamentos sobre a #orixe do #topónimoSandiás.
Visita “in situ” dunha areeira. Patrimonio xeolóxico-minerio e sistemas de
explotación
Visitouse unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador Blanco , recibiron
información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo
referencias a xeomorfoloxía e o corte estratigráfico da zona das areeiras, o
sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e
restauración ambiental. Na mesma areeira poidemos observar nun dos noiros
verticais unha colonia de Andauriña das Barreiras (Riparia riparia).
Visita aos observatorios ornitolóxicos: a casa de terróns.
Visitamos o observatorio ornitolóxico 1 (palafitos) e o 2 (Casa dos
Terróns), exempo de arquitectura tradicional sustentabel en terra. Poidemos
observar cegoñas, Mergullón cristado e Anduriñas das Barreiras.
Quedaron varios temas por ver como a xeografía física e humana da Lagoa
(formas de relevo, factores antrópicos como as pegadas do ser humano na zona),
cartografía do Complexo Húmido Antela-Limia e tamén aspectos de xeografía
cultural (topónimos ou chamadoiros da Lagoa).
Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou
“o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial
herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.
Moi satisfeitos quedamos na "#CasadaLagoa" e #grazaspola vosa visita.
Esperamos que veñades noutras ocasións.