A Consellería do Medio dun incendio forestal,
activo arestora, que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na
parroquia de A Pereira, no concello ourensán de Entrimo.
O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta
unha superficie estimada de 2,5 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a
súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 2
helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está
a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben
chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono
anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da
que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información
actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de
twitter: @incendios085.