Copa de España Dragón de piragüismo esta fin de semana en Muíños

Copa de España Dragón de piragüismo esta fin de semana en Muíños

 Proba de 200 metros que se disputará os días 20 e 21 de abril no Corgo-Muiños

 O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, en Muíños, na presentación dunha regata do calendario nacional de Piragüismo, a Copa de España Dragón de 200 metros, que acollerá este municipio da Baixa Limia os días 20 e 21 de abril, coa colaboración da Deputación de Ourense. Trátase da primeira vez que a provincia de Ourense acolle unha competición desta modalidade de piragüismo tan en auxe actualmente.

As embarcacións semellan dragóns e son tripuladas por 12 palistas que disputarán a proba nas categorías de Júnior, Sénior, Open, Mixto e Veteranos. Ademais, cabe destacar a categoría BCS cuxa tripulación está formada por mulleres e homes que padeceron cáncer (principalmente de peito) e practican esta disciplina deportiva para recuperarse despois da intervención cirúrxica. Nos últimos tempos, tamén se incorporou a categoría Paradragón disputada por palistas con diversidade funcional.

En canto á participación, daranse cita 450 deportistas que tripularán as 101 embarcacións que disputarán esta Copa. Os palistas proceden de 16 clubs de 8 Comunidades Autónomas.

Na presentación tamén participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez: e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea.