Mercar un libro terá un desconto do 20% no Día do Libro.

O I Encontro Galaico Portugués da Palabra formará parte da Semana do Libro de Xinzo

Presentación do día do encontro
O I Encontro Galaico Portugués da Palabra formará parte da Semana do Libro de Xinzo

      O “I Encontro Galaico Portugués da Palabra” será o sábado 20 de abril.

 O Concello de Xinzo de Limia deu a coñecer a programación de actividades para o Día do Libro que se estenderán durante toda unha semana. Na presentación estiveron, ademáis do Alcalde Amador Díaz e do Concelleiro de Cultura Carlos Gómez, o director do CEIP Rosalía de Castro José Manuel García, a poetisa e Presidenta da A.C. O Sobradelo do Tangaraño Rochi Nóvoa e a escritora Lisi da Silva.

A programación comezará o sábado día 20 de abril co “I Encontro Galaico Portugués da Palabra”, un acto en colaboración co CEIP Rosalía de Castro e a A.C. O Sobradelo do Tangaraño que busca poñer en valor non só o Día do Libro, senón tamén as dúas linguas irmás e a conmemoración do 25 de abril. Neste senso, o mesmo sábado pola tarde haberá un concerto da Agrupación Musical da Limia baixo o nome “Florece Abril”.  Durante o “I Encontro Galaico Portugués da Palabra” haberá tamén outras actuacións musicais e recitais poéticos, á vez que se asentarán as bases para a creación do novo Premio de Poesía Antón Tovar, que tería lugar en Xinzo de Limia polo día das Letras Galegas.


Collage


O día 23, Día do Libro, tódalas librarías de Xinzo terán un desconto do 20% cofinanciado polo Concello para fomentar a lectura da veciñanza. Tamén se visualizará un documental na Bibilioteca Municipal Antelana sobre Domingo Villar, autor das últimas lecturas propostas no recente Clube de Lectura Antelea. 

Como remate desta semana literaria, a Biblioteca Municipal Antelana albergará a presentación dun libro o día 26. “Martín no Sabe Morir” de Lisi da Silva, é a primeira parte dunha triloxía cunha forte contextualización trasfronteiriza ó redor do río Támega. 

O Concello de Xinzo convida a toda a veciñanza a participar dos actos polo Día do Libro, pero sobre todo ó fomento de hábitos de lectura que nos enriquecen coma persoas.