Os produtores de pataca asisten a charlas sobre os problemas do sector de cara a nova colleita

Os produtores de pataca asisten a charlas sobre os problemas do sector de cara a nova colleita

 O primeiro destes módulos tivo lugar onte no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia

 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura da xornada sobre a optimización do cultivo da pataca de calidade, pertencente á Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, que conta con 90 produtores e 12 industrias inscritas. Esta acción formativa forma parte de dúas xornadas organizadas pola Axencia co fin de formar agricultores. O primeiro destes módulos tivo lugar onte no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia.

2.2

As dúas charlas dividíronse en horario de mañá e tarde abordar os dous bloques formativos cos que conta o módulo, vinculados á produción de pataca e ao regulamento técnico de certificación da pataca de semente. O primeiro versa sobre as posibles dificultades que poden xurdir no momento de cultivar este tubérculo e permitiralle aos asistentes coñecer nocións básicas sobre a calidade fitosanitaria das sementes ou o seu correcto manexo e conservación, entre outras.

O segundo bloque está centrado nos requisitos sanitarios aplicados a este cultivo e nos parámetros de calidade que debe cumprir. O curso rematará cunha mesa coloquio moderada polo presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez. 


Durante a súa intervención, o director puxo de relevo a importancia deste tipo de xornadas, organizadas co obxectivo de formar aos agricultores para que poidan mellorar a rendibilidade das súas explotacións.