O pleno con dúas “caras” moi distintas

O pleno con dúas “caras” moi distintas

 A amable, na que todos os puntos foron aprobados por unanimidade, a maioría deles, e a da subida das taxas das piscinas que a piques estivo de “naufragar”.

 Comezaba o pleno desta mañá con algúns minutos de retraso que provocaron certo nerviosismo no alcalde que estaba na procura telefónica de saber o que estaba a acontecer co retraso dun dos piares do equipo de goberno, que non daba chegado. Compañeiro que por fin apareceu xunto con outro membro da oposición.

8

Público asistente, que representaban as institucións de apoio a nomeamento de fillo adoptivo de Sueiro

A partir dese momento todo foron boas caras e boas verbas e votos a favor ou abstencións por parte da oposición aos puntos e mocións presentadas polo PSOE nesta ocasión para solicitar da CHMS que siga apoiando investimentos no mosteiro de Trandeiras. Tamén se ratificou o acordo co concello de Sandiás para o obradoiro de emprego, así como o hirmanamento ca provincia que acaba de visitar o alcalde en Ecuador, cuxo viaxe, recalcou o alcalde, non lle custou ao concello nada máis que os agasallos que levou. Nesta ocasión os grupos da oposición apoiaron unha invitación para que sexan eles os que visiten Xinzo.

3

Grupo do PP que apoia ao alcalde

Tamén se aprobou definitivamente o convenio asinado coa Xunta e a Deputación para o arranxo definitivo da pista Armada, que como recoñeceu a propia Elvira, ela non foi capaz de conseguir o financiamento conxunto sen que lle costara nada as arcas municipais.

Gonzalo Iglesias Sueiro, fillo adoptivo de Xinzo

Por último aprobouse por unanimidade o acordo de nomear fillo adoptivo da Xinzo a Gonzalo Iglesias Sueiro ante unha iniciativa popular encabezada por Alfonso Lois (ex coordinador de Cultura) na que se uniron xa moitas institucións formando un grupo de traballo nos que están entre outros Lalo Pavón en representación de La Región e Pablo García Vivanco entre outros.