O custe da viaxe a Ecuador para o concello foi unha pantalla que levou de agasallo

O custe da viaxe a Ecuador para o concello foi unha pantalla que levou de agasallo

 Tras a súa viaxe a Ecuador, o alcalde, Amador Díaz cóntalle a Dendealimia en primeira persoa que tal foi a experiencia.

 A viaxe , a cal só supuxo o gasto da máscara da Pantalla como agasallo por parte do concello xa que o resto de gastos de transporte saíron do peto do alcalde, xurdiu dunha invitación do prefecto Manuel Caizabanda, o que sería o presidente da deputación, de Tungurahua. A viaxe consistiu nunha visita a case a totalidade da provincia, onde visitou as diferentes cooperativas para ver como levaban a cabo a produción e procesamento da pataca.

4.2

En Montalbo visitaron unha cooperativa “Agropapa”, onde xa levan a cabo o procesado de pataca frita, pero dunha maneira totalmente distinta a de aquí porque fan todo de xeito manual, a produción da fabrica son 200 bolsas o día aproximadamente. Proseguiu a visita  en Cevallos onde había unha cooperativa de procesados de froitas e hortalizas, cun sistema de comercialización baseado na venta diaria no mercado local, xa que aínda non teñen o opción de conservación o que provoca que o prezo flutúe moito. De aí que cando o mandatario estivo de visita en xullo do ano pasado por España, o chegar a Xinzo e ver o sistema de conservación que se leva a cabo buscara axuda para lograr este proceso.

Na súa visita en Pillaro sorprendeulle o agasallo dunha pequena máscara que se lle asemellaba os traxes de Viana do Bolo, entón xurdiu a idea de proporlle a Asociación da Pantalla e o  Museo Galego do Entroido a posibilidade de facer un intercambio das máscaras típicas.

Terreos a unha altitude superior aos 3.000 Mt.

As zonas visitadas atópanse a unhas alturas de entre 3.200 e 3.600 metros o cal é unha dificultade engadida a hora da modernización mecánica, por ser zonas de moitas pendentes. E os ciclos dalgunha variedade de patacas son distintos os de aquí, xa que bota entre 6 ou 7 meses na terra, e as condicións climáticas danlle a posibilidade de sementar patacas calquera mes do ano.

Amador  destacou a seguridade das distintas zonas, as infraestruturas en carreteiras, o nivel de vida moi activa, o afán por traballar e a súa hospitalidade. Tamén  tivo a oportunidade de visitar a poboación indíxena.

Charla sobre a maneira de produción de patacas na Limia.

Ao longo da viaxe fíxose un “Hermanamiento” onde impartiu unha charla, de como se leva a cabo a produción de patacas e como é a socidade limiá. A partir de ese convenio de colaboración xurdiu a idea de que por parte dunha universidade, o Inorde  e o concello se leve a cabo un grupo de traballo para unha coordinación en conxunto.

20240418 094112

Está prevista a visita por parte do goberno de alá dun grupo de agricultores para que coñezan como se desenvolve aquí a tarefa da conservación e tamén existe a posibilidade , de que a nivel de infraestruturas, algunha empresa de aquí poida facer algún proxecto en común.