Para "Os Rémoras" fáiselle moito esperar ao Entroido 2025

Para "Os Rémoras" fáiselle moito esperar ao Entroido 2025

Hoxe celebraron a comida tradicional de primaveira 

Hoxe os Rémoras celebraron a súa comida tradicional, loxicamente cunha sobremesa que durará toda a tarde noite e aproveitaron para convocar a todos os entroideiros da Limia

Festa de praia anos 80 -Samil

20240420 201651

O 4 de maio a partir das 12 da mañá comezará un desfile, ataviados de praia, chanclas, traxe de baño e camiseta de asas, como nos anos 80 en Samil para logo tomar o sol na prai da praza Maior ata as 15:00 onde comezará a comida"de praia", tortilla, empanadillas, filetes empanados e petiscos ata as 18:00 que comezará un pasarrúas.

Os Rémoras queren invitar aos AMIGXS DO ENTROIDO DE XINZO. Esta invitación é solo a participar. A comida cada grupo terá que traer a súa. Non faltará a música, os bailes, e o bo humor.