Fuen Vaquero e Romel Agreda campións galegos de OCR copa OCRA Galicia en Xinzo

Fuen Vaquero celebrando o primeiro posto antes de chegar a meta
Fuen Vaquero e Romel Agreda campións galegos de OCR copa OCRA Galicia en Xinzo

 A carreira de obstáculos, organizada por OCRA Galicia, Diesemm e Fusión Fitness, contou con máis de 600 participantes que competiron nun percorrido “durísimo e moi esixente” pola zona urbana e montañosa de Xinzo

 O vigués Romel Agreda y a cántabra Fuen Vaquero álzanse co campionato galego de carreiras de obstáculos Copa OCRA Galicia O Camiño Race que se celebrou esta mañana en Xinzo de Limia. A carreira de obstáculos, organizada por OCRA Galicia, Diesemm e Fusión Fitness, contou con máis de 600 participantes que competiron nun percorrido “durísimo e moi esixente” tanto por zona urbana como montañosa da vila.

2

Foto de familia dos corredores de ÉLITE

Agreda, do clube X-ONE Vigo, que entrou en liña de meta tras correr 11 quilómetros e superar 40 obstáculos, acadou un tempo de 1:01:31. Detrás del, entrou José Antonio Piñeiro, de Vengadores OCR, en 1:09:55; e, tras el, Javier Barrientos, de Concobox, en 1:10:42.


Podium feminino- Olalla, Fuen e Verónica (Profesora en Xinzo)

En canto ao podio élite feminino, Fuen Vaquero, de OCR Cantabria, revalidou o título de campioa galega por segundo ano consecutivo ao acadar a meta en 1:22:06. Tras ela, entrou Verónica Vázquez, de Brave Bulls, en 1:28:35; e Olalla González, de Wolf Élite Team, en 1:30:31.

En categoría popular masculina, que percorreron 7,5 quilómetros e superaron 32 obstáculos, o gañador foi Alberto Davila cun tempo de 43:19; por detrás entrou Anxo Otero cun tempo de 43:47; e en terceira posición accedeu a meta Pablo Regueira en 47:14.

En categoría popular feminina, a gañadora foi María Galego Casas cun tempo de 54:39; a continuación entrou Silvia Andrea Kukla cun tempo de 56:38; e, en terceira posición, Marian Cuevas, que fixo 58:21.

Ademais destas categorías, máis de 80 nenos e nenas tamén disputaron a súa particular Copa OCRA Galicia nun percorrido máis pequeño e adaptado. Competiron en catro tandas, dous para nenos de 4 a 7 anos e outras dos para nenos de 8 a 12.

“MOITA SATISFACCIÓN POR PARTE DOS CORREDORES”


Gañadores masculinos José A.-Romel e Javier 

 “Estamos moi contentos coa celebración desta segunda edición do campionato galego de carreiras de obstáculos Copa OCRA Galicia O Camiño Race e queremos agradecer especialmente o apoio dos 640 corredores e corredoras que viñeron hoxe a Xinzo para disputala”, sentenciou o presidente de OCRA Galicia e CEO de Diesemm, David Suárez.

Neste sentido, destacou os “comentarios de moita satisfacción dos corredores” con respecto aos dous percorridos, un de 7,5 quilómetros e 32 obstáculos para os populares e outro “moi esixente e complexo” de 11 quilómetros e 40 obstáculos para os élite. “Malia que non sorprenderon os gañadores, eles mesmos recoñecderon que lles costou moito o combo de suspensión final, o que pon en valor o nivel e a calidade desta proba”.

Por último, Suárez, agradeceu o “apoio institucional” a Concello de Xinzo de Limia, da Deputación de Ourense e Inorde, e da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, Camiño Xacobeo e Deporte Galego. Ademais, aplaudiu o “ambientazo” de Xinzo que estivo “ateigado de xente” e, polo tanto, “tanto Concello como hostalaría están encantados” co desenvolvemento da proba.

3

Proba do esforzo dos atletas no combo da zona 0

“CHEO TOTAL” EN XINZO

A organización amosou a súa “grande satisfacción” polo desenvolvemento e acollida da carreira que supuxo un “cheo total” en Xinzo o que “reivindica a aposta polo turismo deportivo, por Xinzo, pola Limia e tamén polo fermosísimo Camiño de Santiago Vía da Prata ou Camiño Mozárabe”.

Por último, Suárez valorou que o 37% dos inscritos fosen mulleres “nun deporte moi masculinizado” e tamén que máis dun terzo viñesen de fóra da provincia de Ourense. “Estamos verdadeiramente contentos polo que isto supón”, concluíu Suárez.