Cristina Campero, concelleira en Xinzo,a un paso de ser diputada autonómica

Cristina Campero 1ª pola dereita
Cristina Campero, concelleira en Xinzo,a un paso de ser diputada autonómica

Ocuparía o posto deixado por Carlos Gómez

 Despois dos nomeamentos do Consello da Xunta desta mañá,  a lista por Ourense ás autonómicas xa correu 4 postos. Primeiro foi o abandono da nº 1 Elena Rivo, despois o nomeamento de Gabriel Alén (Ex- delegado da Xunta en Ourense), nomeado Director de Comercio e Consumo. Tamén hoxe o presidente Rueda confirmou a Antonio Miranda na Secretaría de Emigración e José M. Merelles como director  da Axencia de Turismo de Galicia.

Desta maneira a lista correrá, de momento, catro postos ata chegar ao 12. Isto quere dicir que a concelleira está a un solo paso de converterse en parlamentaria, cuestión que se produciría se o recen nomeado Conselleiro José Gonzalez (Ex de Medio Rural) abandona o parlamento como ocorre normalmente cos conselleiros do goberno galego, aínda que non todos. Por exemplo, el mesmo na anterior lexislatura era Conselleiro e máis parlamentario.