Sandiás presume de hortos ecolóxicos

Sandiás presume de hortos ecolóxicos

Insataláronse no patio escolar do punto de atención a infancia e no ceip de sandiás: unha estratexia educativa para conectar co medio ambiente e unha alimentación saudable

 Entre os variados servizos do Ceip de Sandiás para o curso 2024-2025 figura un Horto Escolar, como un medio para poñer en valor a súa contorna e mellorar a súa calidade ambiental, á vez que se fomenta a alimentación saudable.

Con esa finalidade o Obradoiro de Emprego Xinzo-Sandiás realizou varios bancales en madeira para facer un horto escolar tanto para o Punto de Atención Infantil (PAI) como para o Ceip de Sandiás.

Ámbalas dúas institucións educativas de infantil e primaria levarán a cabo un proxecto didáctico sistemático común cara o próximo ano.  A continuación preparáronos cunha boa base de drenaxe e enchéronos de terra enriquecida. Agora só queda que coa primavera e o comezo do verán os nenos e meniñas poñan en marcha previa formación a través de obradoiros  os primeiros traballos de sementeira

Agradecen ao Obradoiro o traballo realizado e a gran axuda prestada.

Para levar a cabo estes proxectos o CEIP de Sandias conta co asesoramento técnico do Centro Agrogandeiro do Inorde. 

Para elo dúas técnicos visitaron o CEIP de Sandiás para asesoralos na posta en marcha dun proxecto sobre o horto escolar que se levará a cabo en colaboración co PAI de Sandiás. Realizarán dous obradoiros: un de sementeira, coidados e rego, e o outro dedicarase a traballar sobre o compost.

O persoal do Inorde encargarase de prestar asesoramento técnico sobre a elección das especies a cultivar e o o seu coidado ao longo do ciclo. Así mesmo, realizarán accións didácticas dirixidas ao alumnado para fomentar o seu coñecemento e relación coa agricultura.