ALIMAGRO e a feira de PROLIMIA coincidirán este ano

Representantes de PROLIMIA co alcalde e concelleiro
ALIMAGRO e a feira de PROLIMIA coincidirán este ano

As dúas celebraranse do 30 de agosto ao 1 de setembro

Esta tarde a directiva de Prolimia mantivo unha reunión co alcalde e o concelleiro de comercio para escoller o día da celebración da feira do comercio de Prolimia e Alimagro.

Debido ao calendario que ven marcado pola celebración da Festa da Historia e o Esquecemento, non quedaba outra data máis libre que o fin de semana último de agosto e o 1 de setembro. A ningunha das organizacións lles interesa pasar ao seguinte fin de semana, xa 8 de setembro, co que a única alternativa que quedaba era a celebración conxunta.

O alcalde propúxelle a Prolimia a celebración nas mesmas datas, mantendo a ubicación no pavillón para a feira do comercio e sacar afora nunha carpa a da pataca.

Os responsables de Prolimia agradeceron ao concello esa oferta quedando entón de facer unha celebración conxunta aínda que en recintos diferentes, mantendo o custe e a aportación que fai o concello a feira do comercio.