O GDR Limia Arnoia e a Depu- tación de Ourense asinan a cesión das terras da Finca Antela

Luis Menor(Pte. Deputación) e Sindo Lamas(Pte GDR-10)
O GDR Limia Arnoia e a Depu- tación de Ourense asinan a cesión das terras da Finca Antela

Os terreos, que suman máis de 49 Ha, están situados no Concello de Sandiás e póñense a disposición dos produtores locais

Representantes do GDR Limia Arnoia e da Deputación de Ourense asinaron esta mañá un convenio de cesión das terras da Finca Antela, situadas no Concello de Sandiás e que suman máis de 49 hectáreas.

O GDR Limia Arnoia será o encargado de xestionar estes terreos que actualmente están en desuso e que se poñerán a disposición dos produtores locais para o seu arrenda- mento a través de Aterra; un proxecto nacido a finais do 2022 e que ten por obxectivo impulsar o sector agrario nos 25 municipios que compoñen o territorio do GDR.

        O O vindeiro xoves publicaranse as bases para o arrendamento a través do proxecto Aterra, xestionado polo Grupo de Desenvolvemento Rural

Tal e como o recordou Luis Menor, Presidente da Deputación de Ourense, coa cesión destes terreos o ente provincial apoia de novo o proxecto Aterra. No acto tamén estivo Sindo Lamas, Presidente do GDR Limia-Arnoia, quen destacou que o proxecto Aterra leva mobilizados 100.465m2 de terreos mediante a compra-venda e case 33.000 m2 en réxime de aluguer.

Bases

O vindeiro xoves, día 25 de abril, sairán publicadas no Boletin Oficial da Provincia as bases para o aluguer dos terreos da Finca Antela así como tamén sairán as bases para o aproveitamento da herba para este ano 2024.