Os maiores de 65 anos poden realizar a declaración de facenda no seu municipio

Os maiores de 65 anos poden realizar a declaración de facenda no seu municipio

 Pedro Blanco agradece a resposta dos pequenos concellos voluntariamente adheridos á primeira fase deste programa e a súa cooperación para que sexa unha realidade

Entrimo, Lobios, Muíños, Sandiás,Sarreaus e Vilar de Barrio son os pertencentes a Limia.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou onte  en Taboadela (Ourense) do novo programa da Axencia Tributaria que ofrece xa nesta campaña ás persoas maiores dos concellos rurais de Galicia a posibilidade de facer por videochamada a súa declaración da renda. Pedro Blanco desprazouse ata Taboadela para supervisar a posta en marcha desta iniciativa en Galicia, que estará dispoñible para as 34.000 persoas maiores de 65 anos residentes nos 52 concellos adheridos á iniciativa, todos eles de menos de 3.000 habitantes

O delegado do Goberno en Galicia tivo palabras de agradecemento para os gobernos locais dos 52 concellos que colaboran con este programa, xa que fixeron o esforzo de participar nesta proba que fai a AEAT ao proporcionar os espazos para que os contribuíntes poidan recibir a videochamada coa privacidade necesaria.

IMG 8310


  • Polo momento, esta iniciativa atópase nunha primeira fase piloto, de xeito que máis concellos dos 158 que integran os chamados de Reto Demográfico en Galicia serán susceptibles de unirse tamén ao programa.

A Axencia Tributaria mostra a súa sensibilidade colas persoas maiores que residen en núcleos dispersos, “cuxo benestar está garantido con iniciativas coma esta, que permiten que estas persoas non pasen por momentos difíciles ao intentar facer algo tan cotián como a súa declaración da renda, ou non se teñan que desprazar a unha cidade para recibir axuda”, en palabras de Miguel Cárcaba.

Funcionamento do programa

O servizo de confección de declaracións por videochamada poderá solicitarse a partir do 7 de maio, nas respectivas casas consistoriais e a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, xunto co resto de servizos de asesoramento que ofrece. No momento en que un veciño ou veciña destes concellos solicite cita para facer a declaración da renda, ofreceráselles facela a través de videochamada. Coa cita xa na man, tan só terán que achegarse ao concello para ser atendidos por persoal da Axencia Tributaria. Na mesma videochamada xa poderá deixar presentada a súa declaración.


Ademais da posibilidade de pedir cita na sede electrónica, a Axencia Tributaria ofrece estes teléfonos de cita con atención persoal: 91 553 00 71 o 901 22 33 44 (de luns a venres, de 9 a 19 horas).