Xinzo é referente de boas prácticas en inclusión de poboación migrante e etnia xitana

Xinzo é referente de boas prácticas en inclusión de poboación migrante e etnia xitana

O Concello de Xinzo de Limia referente de boas prácticas en inclusión e acollida da poboación migrante e de etnia xitana.

 Un grupo de 60 estudantes do Grado de Pedagoxía realizaron este mércores unha visita ao Concello de Xinzo de Limia promovida pola facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

E233437a 4de8 43e0 9067 179dfcbeed4f


Con este encontro académico, o Doutor Alexandre Sotelino, profesor responsable do departamento de educación e pedagoxía intercultural, pretende achegar aos alumnos a realidade cotiá á que se enfrentan as persoas migrantes ou de etnia xitana, e significativamente ao desenvolvemento dos programas de acollida e inclusión que se veñen realizando no Concello de Xinzo de Limia a través dos técnicos e dos equipos de apoio formados por educadores e traballadoras sociais, e dos programas específicos para o pobo xitano e para a comunidade migrante que o alumnado puido coñecer de primeira man no encontro mantido no Museo do Entroido cos educadores e asistentes sociais do Concello.

5d049fa3 72fc 4b18 8791 1cd2c6f265b3


Os universitários tamén visitaron o CEIP Rosalía de Castro, que desenvolve con gran éxito programas de inclusión dirixidos á poboación migrante e de etnia xitana. A visita rematou pola tarde na Casa da Cultura onde foron recibidos por Ánxeles Martínez e Carlos Gómez, concelleiros de Servizos Sociais e de Educación e Cultura respectivamente.

Nesta xornada da tarde, seis persoas de diversas nacionalidades, das cerca de corenta diferentes que residen en Xinzo de Limia, mantiveron un encontro coloquio cos estudantes que foi moderado polo Doutor Alexandre Sotelino.