O BNG de Xinzo pide prazas residenciais públicas

Grupo municipal do BNG en Xinzo
O BNG de Xinzo pide prazas residenciais públicas

 O grupo municipal do BNG insta ó Grupo de Goberno a que actúe para cubrir unha necesidade social urxente. 

 Camilo Vila e Manuel Pozo, do municipal do Bloque en Xinzo, aproveitaron o anuncio da previsión de dous complexos residenciais privados para recordarlle ó Grupo de Goberno a súa responsabilidade coa cidadanía e as súas necesidades. 

Pozo advirte que “as prazas destas residencias privadas serán para quen as poida pagar e non necesariamente para a xente de Xinzo ou da Limia”. 

O Concello de Xinzo non ten ningunha praza residencial pública, extremo que é se converte nun problema de presente e de futuro. Xaira Pena, responsable local de Galiza Nova e sanitaria de profesión, recorda a importancia dun modelo de coidados “de calidade para lograr un crecemento social xusto e totalmente íntegro”. 

Cómpre recordar que o Bng defendera na súa idea de concello nas últimas eleccións municipais un modelo público cunha rede de cinco vivendas comunitarias asentadas no medio rural.