Á conquista da Compostelana
10:09 01/05/24
10:09 01/05/24
Preto de medio cento de veciños comezaron esta mañá a primeira etapa do Camiño
As 8 da mañá era a cita para os veciños da Limia que se anotaron a percorrer o Camiño en varias etapas orgabizado todo pola Parroquia Sta. Mariña e a Concellería de Deportes de Xinzo e a E.D.C.
Preto de medio cento ataviados e pertrechados coa indumentaria precisa por mor do tempo que se poden encontrar polo Camiño, reuníronse no atrio da Igrexa Vella para comezar a primeira ruta que os levará ata Allariz.
Dende alí en autobus regresarán ata o punto de partida.