O sábado 25 de maio ás 19:00 no Museo Galego do Entroido

Análise sobre a masificación do Entroido

Petardazo 2024
Análise sobre a masificación do Entroido

 Mesa redonda sobre la masificación en el Entroido galego en el Museo Galego do Entroido

 Representantes dos Entroidos de Xinzo de Limia, Viana do Bolo e da parroquia de Salcedo participarán nesta mesa redonda, onde se debaterá sobre os retos e as oportunidades que a masificación presenta para esta festa tradicional tan arraigada na identidade da nosa comunidade.

Nos últimos dez anos, o Entroido ten experimentado un proceso de dignificación que propiciou o rexurdimento de rituais e oficiantes, pero tamén trouxo consigo o fenómeno da masificación, tanto nos Entroidos consolidados como en aqueles menos coñecidos ou recentemente recuperados.

A mesa redonda ten como obxectivo poñer enriba da mesa esta problemática e abordar, desde a realidade de cada Entroido representado, como se chegou a esta situación. Analizaranse as posibles causas, os aspectos positivos e negativos, así como as perspectivas de futuro. A masificación pode ser un impulso para a economía de pequenas zonas rurais que sofren durante o resto do ano, pero tamén pode afectar negativamente ao desenvolvemento correcto dos rituais nesta época festiva.

Esta xornada aspira a ser un debate construtivo, sen intención de sentar cátedra, sobre a visión que diferentes Entroidos, con realidades e graos de masificación diversos, teñen sobre esta problemática.

Medios de comunicación e público en xeral están cordialmente convidados a participar nesta mesa redonda que promete ser un espazo de reflexión e intercambio de ideas enriquecedor.